O Balneario
Termas de Cuntis, Hotel Balneario en Galicia, é un referente na aplicación de técnicas terapéuticas con augas minero-medicinais. Grazas ás únicas e privilexiadas propiedades das nosas augas e das nosas instalacións coidadosamente deseñadas poderedes aproveitar ao máximo os seus beneficios.
Reg. Sanitario C-36-000449
HORARIO
Luns a domingo: 10:00-13:30 e
16:00 a 21:30
Pechado o último luns de cada mes.

O Balneario
A amplitude das instalacións do nosos Balneario en Galicia, reflíctese na relación das mesmas: por un lado atopámonos con máis de 40 cabinas individuais de tratamento (baño con hidromasaxe e aeromasaxe, chorros, parafangos, ducha circular, ducha Vichy, lodos e algas, cabinas de masaxe, estética, electroterapia, sala de fisioterapia, sala de respiratorio con inhaladores e aerosois, estufas de vapor, saunas finlandesas, biosaunas, pediluvios e maniluvios estáticos, pediluvios dinámicos, circuíto termarium, etc) e piscina terapéutica. Pode consultar máis información acerca de todos os nosos servizos.E o Acquaform
Por outro lado temos o espazo lúdico-termal “Acquaform” que está formado por dúas piscinas (unha interior e outra exterior), con zonas de chorros en costas e pés, camas de masaxe, contracorrente, colos de cisne, cascadas, zonas para nadar… e o “Vital Club” dotado cunha espaciosa sauna finlandesa, estufas de vapor, biosauna, jacuzzis, e cabina de xeo. Consulte máis información sobre o Acquaform.

Programa de Termalismo Social
En Termas de Cuntis comprácenos formar parte do Programa de Termalismo Social do Imserso. Se vostede é beneficiario deste programa convidámolo a aproveitar esta iniciativa e visitarnos. Descubra as nosas instalacións e tratamentos para mellorar a súa saúde.
DESCÚBREO
Os nenos en Termas de Cuntis
¿Vés cos teus peques? Non te preocupes, pensamos neles para que a vosa estancia sexa perfecta.