HORARIO ACQUAFORM

Luns a domingo: 10:00-13:30 e 16:00 a 21:30

Pechado o último luns de cada mes.

Lugares de Interese

Restos Arqueolóxicos

O val do Río Gallo foi un asentamento importante desde a Antigüidade. Restos arqueolóxicos como castros, petróglifos ou mámoas son pegadas significativas da prehistoria cuntiense.
  • Os petróglifos de Cequeril constan de varias pedras con gravados. Os grupos máis importantes son os de “Outeiro dos Campiños” e, moi próximo a este, o de “Laxe dos Homes”.
  • O Petróglifo de A Ran localízase no centro do polígono industrial do mesmo nome. É o único do concello que contén gravados de cervos. Aconséllase visitalo cando o sol incida lateralmente sobre as pedras, debido ao seu fráxil estado de conservación.
  • As Mámoas de Mesego están datadas no ano 3000 a.C. Tamén destacan as mámoas “petoutos dos mouros”, situadas detrás das escolas de Troáns.
  • O Castro de Laxos é unha aldea da Galicia prehistórica. Nas prospeccións arqueolóxicas realizadas no verán de 1993, atopáronse varias casas circulares e estruturas que demostran a súa ocupación ata o cambio de era.
  • Destacamos o Castro de Castrolandín. Trátase dunha aldea fortificada da Idade de Ferro, que grazas ao traballo da Fundación Terra Termarum, converteuse nun xacemento visitable valiosísimo como recurso cultural e turístico.
  • Nos límites de Cuntis existen numerosos castros, arredor dunha quincena.

Arte Relixioso

Nesta fermosa localidade existen edificios relixiosos de gran interese arquitectónico; algúns erguidos xa durante a Idade Media, entre os séculos XII e XIV.
  • O cruceiro da igrexa parroquial de San Breixo de Arcos de Furcos, que data do S. XVI, é o máis antigo de todo o concello. Destacan, neste templo, un peregrino e unha pía bautismal, no exterior, e un baldaquino gótico á entrada da igrexa.
  • A igrexa parroquial de Santa María de Cuntis ergueuse coas pedras dun primitivo templo románico. No seu interior consérvanse dúas esculturas, un Cristo e un San Sebastián, atribuídas ao artista Ferreiro, un dos máis célebres autores da imaxinería galega do S. XVIII. Tamén ten esculturas do mestre Francisco Asorey.
  • A Igrexa do Convento de San Bieito de Pereira construíuse no S. XIX. No atrio ten un cruceiro con figuras talladas polos vellos canteiros do lugar, que representan á Sagrada Familia. No alto do cruceiro sorprende a imaxe da Virxe atravesada por unha espada.
  • O Cruceiro do cemiterio parroquial de Santa María de Cuntis estaba emprazado no centro da vila pero foi trasladado ao cemiterio a mediados do S. XX. No anverso posúe un Cristo de Agonía e no reverso ten unha Virxe María.
  • O Cruceiro da Igrexa Parroquial de Estacas data do S. XVII; xunto co de Arcos de Furcos é dos máis antigos de Cuntis. Ademais, unha das subidas á igrexa parroquial está xalonada por un Vía Crucis.

Arquitectura Popular

Da época moderna hai pazos, casonas, casas reitorais e casas de aldea- hospedería, que son un fiel reflexo da suntuosidade e o señorío dalgunhas familias nobres da zona.
  • O Hospitaliño é unha casona, na súa época propiedade dunha familia acomodada que residía no lugar. A súa fachada exhibe toda a beleza da pedra labrada polos bos canteiros desta comarca. Na actualidade acolle a Casa da Cultura “Roberto Blanco Torres”.
  • O Hórreo da Casa Reitoral de Estacas ten sete claros e é o máis grande de todo o municipio. A súa construción en pendente provoca unha maior espectacularidade aos ollos do visitante.
  • Os Hórreos da parroquia de Cequeril caracterízanse por unha arquitectura máis retorneada e con mellor acabado, posto que se atopan nunha terra rica en canteiros.

Obras Singulares

  • O Monumento aos Canteiros é a peza máis recente erixida en Cuntis xunto co busto de Roberto Blanco Torres. É unha homenaxe aos canteiros da zona.
  • O Sagrado Corazón de Xesús, que se ergue no parque Maráns constitúe un espléndido conxunto escultórico. O monumento, obra do escultor Francisco Asorey, inaugurouse en 1945 como proxecto de recuperación da cima do Monte Maráns. A imaxe aséntase sobre un pedestal de granito. É un verdadeiro miradoiro desde o que se pode contemplar a Vila de Cuntis. O parque ten ademais, mesas de pedra e unha gran arboleda.
Up
d

Welcome to Reina

Step into a true oasis of digital beauty we devised for your new beauty center, resort or spa website.

Monday to Friday 09:00 - 20:00 hrs
Saturday 09:00 - 18:00 hrs
Sunday 09:00 - 18:00 hrs