HORARIO ACQUAFORM

Luns a domingo: 10:00-13:30 e 16:00 a 21:30

Pechado o último luns de cada mes.

Política de Calidade e Accesibilidade

Política de Calidade e Accesibilidade

En un enclave e contorno privilexiado, cuns recursos naturais, as nosas augas mineiro-medicinais declaradas de utilidade pública, o Equipo Humano dos Hoteis A Virxe e Castro do Balneario, e do Balneario Forniños co fin de proporcionar aos nosos clientes:

A mellora ou mantemento da súa saúde
Conseguir a confianza na nosa empresa e os seus traballadores
Crear un entorno e instalacións accesibles e sostibles e,
Facer realidade plenamente as súas expectativas, conseguindo a súa fidelidade e lealdade

Implantou un Sistema de Xestión de Calidade e Accesibilidade baseado nos seguintes principios:

A calidade-accesibilidade como hábito coidando todos os detalles para ofrecer aos nosos clientes a máxima calidade, garantía, seguridade e confianza, cun forte compromiso na mellora continua, e cunha relación personalizada e profesional, pero ao mesmo tempo familiar.
O compromiso do cumprimento dos criterios DALCO (Deambulación, Aprehensión, Localización e Comunicación) no entorno construído e outras medidas de boas prácticas que Termas de Cuntis subscriba e sexan aplicables á mellora da accesibilidade universal, así como o de todos os requisitos legais, regulamentarios e do S.G. de Calidade e Accesibilidade.
A permanente análise de toda a información aportada polos nosos clientes e traballadores para a súa tradución en melloras do servizo e ambiente de traballo.
O compromiso de que a contratación e promoción dos nosos traballadores se realiza de acordo con criterios de Igualdade.
Respecto ao medio ambiente, mediante un desenvolvemento sostible, baseado: nunha explotación responsable en cantidade e calidade das nosas augas mineiro-medicinais; en políticas de compras sostibles, uso eficiente e racional da auga e a enerxía, co fin de minimizar o impacto medioambiental.
Promover a xestión de calidade e accesibilidade a todo o persoal, en todos os niveis e en todos os procesos da Organización, así como impulsar un comportamento responsable desde a accesibilidade universal e facer partícipes aos grupos de interese (clientes, traballadores, …).
Ser líderes e innovadores en termalismo, favorecendo a igualdade entre xéneros e impulsando a integración de persoas con discapacidade.
En Cuntis, a 18 de abril de 2023

Dirección

Up
d

Welcome to Reina

Step into a true oasis of digital beauty we devised for your new beauty center, resort or spa website.

Monday to Friday 09:00 - 20:00 hrs
Saturday 09:00 - 18:00 hrs
Sunday 09:00 - 18:00 hrs