HORARIO ACQUAFORM

Luns a domingo: 10:00-13:30 e 16:00 a 21:30

Pechado o último luns de cada mes.

Os nenos en Termas de Cuntis

Pasar uns días de descanso, entretemento e saúde, é o plan turístico que ofrecemos en Termas de Cuntis ás familias con nenos, aínda que non teñan a necesidade dun tratamento específico.

Diversión

No circuíto lúdico-termal Acquaform, contamos co mellor atractivo para as familias con nenos. Máis de 1700 metros cadrados dedicados á diversión, onde os pequenos bañanse e xogan ao mesmo tempo que se benefician da auga mineromedicinal.

Neste espazo poden gozar dunha grande piscina dinámica con camas de masaxe, colos de cisne, chorros subacuáticos, pasillo de contracorrente, xacuzzi, unha seta de hidromasaxe ou unha zona de natación. Ademais desta enorme piscina interior, o Acquaform dispón doutra exterior, onde a auga atópase a unha temperatura suficiente como para poder ser utilizada en pleno inverno sen sufrir o máis mínimo síntoma de frío.

 

Saúde

En canto a tratamentos terapéuticos, desde Termas de Cuntis somos moi conscientes dos beneficios que as nosas augas poden achegar a nenos que sofren distintos problemas de saúde. Nesta liña, o noso equipo de médicos e fisioterapeutas elaborou un programa específico para os máis pequenos da casa.

Dito tratamento está dirixido a nenos con enfermidades respiratorias tipo asma bronquial ou bronquiolite, fibrose quística, rino-faringite, catarro común, secura das mucosas respiratorias, sinusite obstructiva, infeccións respiratorias agudas e crónicas, obstrución nasal recidivante, alerxias respiratorias…

Os obxectivos principais dos nosos tratamentos infantís son, entre outros, lograr unha boa ventilación bronco-pulmonar, diminuír o consumo de medicamentos, ofrecer confianza ao neno coa súa enfermidade ou evitar as crises de asma bronquial.

 

Aloxamento

No hotel Castro do Balneario dispoñemos de varias habitacións con capacidade para 3 ou 4 persoas, onde nenos e pais poderán aloxarse comodamente e gozar ao máximo do noso balneario e o seu privilexiado entorno.

 

Campaña “Respiratorio Infantil”

O pasado outono organizamos unha campaña especial do programa respiratorio infantil, onde se pretendía formar grupos de nenos para que puideran realizar as distintas técnicas de hidroterapia todos xuntos. Deste xeito buscábase facerlles moito máis ameno o tempo de tratamento. Cada día ao finalizar a parte terapéutica, chegaba para eles a parte máis divertida onde podían xogar e divertirse á súa vontade… ¡As piscinas do Acquaform!!

Vendo o éxito colleitado por esta primeira experiencia, e en previsión da chegada das alerxias, esta primavera voltamos a organizar unha nova campaña de tratamentos infantís en grupo.

Máis información e Reserva

Se estás interesado ou necesitas información sobre esta oferta, enche este formulario e contestarémosche coa maior brevidade.

    Estou interesado en...

    Up
    d

    Welcome to Reina

    Step into a true oasis of digital beauty we devised for your new beauty center, resort or spa website.

    Monday to Friday 09:00 - 20:00 hrs
    Saturday 09:00 - 18:00 hrs
    Sunday 09:00 - 18:00 hrs