HORARIO ACQUAFORM

Luns a domingo: 10:00-13:30 e 16:00 a 21:30

Pechado o último luns de cada mes.

Historia do Balneario

O uso das fontes de augas termais de Cuntis remóntase á época romana. O feito de que os romanos coñecesen o poder das augas de Cuntis parece probado polo feito de terse atopado numerosas moedas coas imaxes dos emperadores Nerón e César Augusto no leito das fontes.

En 1765, D. Pedro Gómez de Bedoya, describe na súa “Historia Universal das Fontes Minerais de España” as Caldas de Cuntis, das que afirma ter visitado persoalmente. Di delas que:

“…os poboadores desta Vila non dan noticia, de que esta auga tivese antigamente uso algún, aínda que eu creo que non deixaría de ser frecuentada polas súas moitas virtudes, e porque o Baño denota non ser fábrica moderna; nin menos saben, que se fixeran probas, ou Análise dela, e só eu, metendo nela unha moeda de Prata, observei, que a tornou de cor de Cobre, un pouco máis escuro…”

O Baño ao que se refire Bedoya é a orixe do actual Hotel Balneario da Virxe. A continuación engade

“…Foron moitas as curacións das que me informaron este Bañeiro, e os suxeitos máis distinguidos da Vila, e as que eu vin no tempo, que estiven nela; pero apuntarei só as máis principais. Joseph Roma, Ferreiro, e veciño de S. Pedro de Lantaño, distante unha legua de Caldas de Cuntis, chegou ao Baño o ano de 1760, impedido de todos os extremos por un Reumatismo doloroso antigo, e para o que practicara cantoas dilixencias e medicinas puido adquirir, ata chegar a apurar o saber dos Médicos: tomoulle oito días e recuperou enteramente a súa saúde…”

En 1832 o entón Director Médico D. Manuel Jacobo Fernández Mariño refírese á utilización dun baño de chorro e outro de estufa na casa de Baños de Santa María (baños da Virxe).

D. Pedro M. Rubio, en 1853 sinala que a media de enfermos que acoden a tomar estas augas achégase a 1.000. Isidoro Ortega realiza, en 1865 unha memoria dos baños de Cuntis, referíndose á casa de Baños do Sr. Castro, “…forrada con azulexos de Valencia, ademais dunha sala de esparexemento e distraccións con periódicos e xogos lícitos…”. Actualmente, este establecemento é coñecido como Balneario do Castro.

En 1881 realízase unha importante obra no Balneario da Virxe, incorporándose bañeiras de mármore individuais (algunhas aínda en uso hoxe en día), pilas colectivas, chorros e aparellos de hidroterapia. En 1908 amplíanse as instalacións cun edificio anexo ao primitivo. O comedor e salón actuais do Hotel pertencen a este edificio.

Nos anos 1944 e 1969 realízanse sucesivas ampliacións do Hotel, ata chegar a unha dimensión de 180 prazas. En 1998 constrúese, nos terreos que ocupaba a casa de baños denominada do Barreiro, un novo edificio, íntegramente dedicado á balneoterapia, destinándose o antigo (ao que está unido por un túnel) unicamente a hotel.

Up
d

Welcome to Reina

Step into a true oasis of digital beauty we devised for your new beauty center, resort or spa website.

Monday to Friday 09:00 - 20:00 hrs
Saturday 09:00 - 18:00 hrs
Sunday 09:00 - 18:00 hrs