RESERVE A SÚA PRAZA DO IMSERSO EN TERMAS DE CUNTIS.
Chame ao 986 532 535
O Programa está organizado e financiado polo Ministerio de Educación, PolÃtica Social e Deporte a través do Instituto de Maiores e Servizos Sociais, que anualmente concerta con establecementos termais a reserva de prazas en balnearios para a estadÃa e tratamento dos usuarios do Programa. Poden ser beneficiarios dunha das prazas do Programa de Termalismo Social os cidadáns españois e nacionais doutros paÃses, que cumpren os seguintes requisitos.
Requisitos:
- Ser pensionista do Sistema da Seguridade Social polos conceptos de xubilación e de invalidez, en todo caso, e polo concepto de viuvez ou de outras pensións, unicamente cando o beneficiario cumprise os sesenta anos de idade.
- Igualmente, poderán ser beneficiarios das prazas os españois residentes no exterior, sempre que perciban unha pensión pública, teñan máis de 60 anos de idade e cumpran co resto de requisitos.
- Non padecer trastornos mentais graves que poidan alterar a normal convivencia nos establecementos, nin enfermidade infecto-contaxiosa. Poder valerse por si mesmo.
- Precisar os tratamentos termais solicitados e carecer de contraindicación médica para a recepción dos mesmos.
- Realizar, no prazo indicado na convocatoria de prazas, a solicitude e alcanzar o expediente, de conformidade co baremo establecido, a puntuación que lle permita acceder a un dos balnearios e quendas solicitados.
- O solicitante poderá ir acompañado do seu cónxuxe ou da persoa con quen conviva en relación de parella, para a que non se esixe a obrigación de percibir pensión da Seguridade Social.
Dentro do programa de termalismo social inclúense os seguintes servizos:
- Aloxamento e manutención en réxime de pensión completa e en habitacións dobres de uso compartido.
- Tratamentos termais básicos, que comprenderán :
- O recoñecemento médico ao ingresar no balneario.
- O tratamento termal básico que, en cada caso, prescriba o médico do balneario.
- O seguimento médico do tratamento, con informe final.
Procedemento para conseguir a súa praza de Imserso nos meses de Febreiro e Marzo
-  Encher a solicitude adxunta asinada polo titular da solicitude. Para descargala prema aquÃ.
-  Vostede nos remite ao Balneario da súa elección a súa solicitude enchida e asinada por correo ordinario ou certificado: Balneario Termas de Cuntis Rúa do Balneario, 1 36670 Cuntis Pontevedra
- Nós tramitaremos a súa solicitude co Imserso
- Posteriormente efectuaremos o seguimento da mesma.
O resto do ano
- Encher a solicitude adxunta asinada polo titular da solicitude. Para descargala prema aquÃ.
- Vostede envÃa a solicitude persoalmente ou por correo, a:
- Os Centros de Maiores ou as Direccións Territoriais do IMSERSO correspondentes ao seu domicilio.
- Nos Órganos que designase a súa Comunidade Autónoma que asumiron funcións e servizos do IMSERSO.
- Os Servizos Centrais do IMSERSO:
Programa de Termalismo Social. Avenida da Ilustración, s/n, esquina c/ Ginzo de Limia, 58. 28029 MADRID.