HORARIO NADAL
O balneario permanecerá pechado a partir do día 01/12 incluído. O acquaform a partir do 02/12 permanecerá aberto de luns a venres de 16:00 a 21:30, o sábado e o domingo en horario normal de 10:00 a 13:30 e de 16:00 a 21:30. Os días 24/12, 25/12, 31/12, 01/01 e 06/01 permanecerá pechado.

Política de Calidade e Accesibilidade

Política de Calidade e Accesibilidade

Nun enclave e contorna privilexiado, con uns recursos naturais, as nosas augas mineiro-medicinais declaradas de utilidade pública, o Equipo Humano dos Hoteis La Virgen e Castro do Balneario, e do Balneario Forniños coa finalidade de proporcionar aos nosos clientes:

  • A mellora ou mantemento da súa saúde
  • Conseguir a confianza na nosa empresa e nos seus traballadores
  • Crear unha contorna e instalacións accesibles e sostibles e,
  • Facer realidade plenamente as súas expectativas, conseguindo a súa fidelidade e lealdade

Implantou un Sistema de Xestión de Calidade e Accesibilidade baseado nos seguintes principios:

  • A calidade-accesibilidade como hábito, coidando todos os detalles para ofrecer, tanto a clientes internos como externos, a máxima calidade, garantía, seguridade e confianza, cun forte compromiso na mellora continua, e cunha relación personalizada e profesional, pero ao mesmo tempo familiar.
  • Cumprir tanto cos criterios DALCO de accesibilidade como coa lexislación que lle sexa de aplicación (turística, de accesibilidade e medioambiental), os requisitos dos nosos clientes, os regulamentarios, os operativos, outras medidas de boas prácticas que Termas de Cuntis subscriba.
  • A análise permanente de toda a información achegada polos nosos clientes e traballadores para a súa tradución en melloras do servizo e ambiente de traballo.
  • O compromiso de que a contratación e promoción dos nosos traballadores realízase de acordo con criterios de Igualdade.
  • Respecto ao medio ambiente, mediante un desenvolvemento sostible, baseado: nunha explotación responsable en cantidade e calidade das nosas augas mineiro-medicinais; en políticas de compras sostibles, uso eficiente e racional da auga e da enerxía, co fin de minimizar o impacto medioambiental.
  • Promover a xestión de calidade e accesibilidade a todo o persoal, en todos os niveis e en todos os procesos da Organización, así como impulsar un comportamento responsable dende a accesibilidade universal e facer partícipes aos grupos de interese (clientes, traballadores, …).
  • Ser líderes e innovadores no termalismo, favorecendo a igualdade entre xéneros e impulsando a integración de persoas discapacitadas.

En Cuntis, a 22 de xullo de 2024
Dirección

Up
d

Welcome to Reina

Step into a true oasis of digital beauty we devised for your new beauty center, resort or spa website.

Monday to Friday 09:00 - 20:00 hrs
Saturday 09:00 - 18:00 hrs
Sunday 09:00 - 18:00 hrs
Ir o contido